A retirada de Félix pode beneficiarnos, claro que si
- Partido Popular de Muxía
- 30 abr 2019
- 3 Min. de lectura

Artículo publicado en www.lavozdegalicia.com
Primeira experiencia de Sandra Vilela (1987) liderando o proxecto popular en Muxía. Sinala que esta candidatura é para ela o cume dunha vocación vital, e que chega nun momento que non sería quen de describir, coa marcha co que durante doce anos foi o rexedor muxián. Cre Vilela que a perda de poboación é a maior lacra do municipio e, para atallala, propón captar capital privado. «Non hai candidatos máis ilusionados ca min», asevera.
-Como leva ser candidata á alcaldía de Muxía por primeira vez?
-Moi ben, a política foi sempre a miña gran vocación e estou recibindo moito cariño e moito apoio por parte dos meus compañeiros. Moi contenta, en xeral. -Félix Porto, rexedor nos tres últimos mandatos, non concorrerá desta volta. Axudará iso a rescatar algún concelleiro?
-Non se poden negar os resultados que obtivo Félix, e o gran apoio que ten no noso municipio. Sendo sincera, isto claro que nos pode beneficiar, porque moita xente, pese a ideoloxicamente pertencer ao Partido Popular, estaban votándolle a el, tamén, en parte, pola situación que atravesou o noso partido. -Cales son as liñas mestras do programa que propoñen?
-Queremos buscar inversión privada para Muxía, porque entendemos que o noso principal problema é a perda de poboación. Polo tanto, cremos que dende o Concello podemos contactar coas empresas e vender Muxía e o seu grandísimo potencial. Por outro lado, pretendemos darlle unha volta a toda a política social, creando un centro de atención para os nosos maiores onde teñan actividades de todo tipo (tanto lúdicas como terapéuticas). Apostamos, así mesmo, polo deporte e queremos ser un referente para toda a Costa da Morte. Ademais, traballaremos polas infraestruturas, tratando de mellorar as instalacións do concello e coidando as vías de comunicación. -Como ve a situación política en Muxía?
-Creo que estamos nunha situación que ninguén agardaba hai ano e medio. Primeiramente, pola retirada de Félix, e despois polo novo candidato, que tampouco era esperado. Non seriamos capaces de facer apostas agora mesmo do que vai suceder no mes de maio. Nós cremos, iso si, que Muxía precisa un cambio xa, e polo tanto estamos moi esperanzados de que este sexa o noso momento.
A favor / en contra
Cadea perpetua revisable: A favor
Aborto: Con limitacións
Investigados nas listas: Respectar a presunción de inocencia
Traslado de restos de Franco: En contra
Referendo en Cataluña: Referendo, pero en toda España
Acollida de refuxiados: Con condicións
Eutanasia: Non o teño claro, é complexo
Cambio lei violencia xénero: Sempre e cando sexa para mellor
Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
Casco urbano a 30 km/h: Se é para mellorar a seguridade, si
Preferencias
A que hora se ergue?
Ás 8.00
Que almorza? Moi mal, pero non almorzo [ri]
Prato preferido: O cocido
Que non comería? Non sabería dicir, gústame probar
Bebida preferida: O viño Mencía
Equipo de fútbol: Son do Madrid, pero apoio ao Muxía
Que coche ten? Un Opel Vectra
Unha afección: A política
Un lugar: Fácil [ri], o Santuario da Barca
Que tarefas de fogar realiza? Compártoas coa miña parella
Commentaires