top of page

O PP de Muxía lamenta que os peregrinos marchen sen a Muxiana por escasez das mesmas

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 6 may 2024
  • 2 Min. de lectura
Dende os populares de Muxía denuncian no día de hoxe que o sector turístico atópase sen Muxianas nunha falta de previsión clarísima do goberno local que tivo todo o inverno para abastecerse das credeciais que se lle entregan aos peregrinos que rematan o seu Camiño en Muxía.

Muxía, 6 de maio de 2024. Dende os populares de Muxía denuncian no día de hoxe que o sector turístico atópase sen Muxianas nunha falta de previsión clarísima do goberno local que tivo todo o inverno para abastecerse das credenciais que se lle entregan aos peregrinos que rematan o seu Camiño en Muxía.

 

Esta credencial é un estímulo máis para que os peregrinos se decidan a facer o Camiño de Santiago ata o seu final en Muxía e entenden os populares que o feito de que non se estean expedindo non deixa de ser un exemplo máis da deixadez, incapacidade e desinterese do goberno local polo sector turístico muxián o cal, dende o punto de vista dos populares, non conta con ningún tipo de apoio nin iniciativa de dinamización por parte do goberno local.

 

Entenden os populares que o sector turístico é desprezado continuamente como recentemente pasou cando se tipo coñecemento do galardón outorgado por Booking a Muxía como localidade máis acolledora de España, premio este que se outorgou como mérito propio o goberno local sen facer sequera unha pequena mención a todos os que conforman o sector que son os verdadeiros artífices deste logro ademais dos propios veciños e veciñas de Muxía.

 

Piden ao goberno local que xa que non son quen de promover ningún tipo de proposta para mellorar o eido turístico que alomenos non acaben co que hai e co que outros fixeron e que doten de Muxianas ao sector á maior brevidade xa que, por sorte, Muxía xa está recibindo centenares de persoas a diario


 




 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page