Os populares muxiáns proporán no pleno a conmemoración do día do deporte e a creación de becas para os deportistas muxiáns
- Partido Popular de Muxía
- 19 mar 2024
- 2 Min. de lectura
O grupo popular levará un rogo para que se realice un acto conmemorativo no que os protagonistas sexan os deportistas do concello
Propomos a organización dunha actividade para ese día na que gustaríanos que puxérase en valor aos deportistas muxiáns que destacan nos seus distintos ámbitos deportivos como Lucía Pazos, recentemente 7ª no campeonato de Judo de España; Samuel Méndez, bronce no Campionato de Taekwondo Senior; Claudia Otero, subcampeona de España na súa categoría de fútbol coa selección galega, entre outros como Barca Toba, Patri Romaní, Raúl Lema, Alberto Martínez e moitos máis” explica a portavoz dos populares muxiáns
Neste mesmo sentido da crenza da importancia do deporte “poremos sobre a mesa a creación dunhas becas deportivas” anuncia Vilela
Os populares preguntarán polas medidas que se van a adoptar de cara á rehabilitación dos vestiarios do campo da Arliña.
Muxía, 19 de marzo de 2024. A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela vén de anunciar que levarán un rogo ao pleno para que se conmemore o día internacional do deporte que será o próximo 6 abril.
“Aos populares o deporte e así o vimos demostrando parécenos fundamental. Cremos que debemos promocionalo e fomentalo especialmente entre a xente moza do noso concello. Por elo, propomos a organización dunha actividade para ese día na que gustaríanos que puxérase en valor aos deportistas muxiáns que destacan nos seus distintos ámbitos deportivos como

Lucía Pazos, recentemente 7ª no campeonato de Judo de España; Samuel Méndez, bronce no Campionato de Taekwondo Senior; Claudia Otero, subcampeona de España na súa categoría de fútbol coa selección galega, entre outros como Barca Toba, Patri Romaní, Raúl Lema, Alberto Martínez e moitos máis” explica a portavoz dos populares muxiáns
Por un lado, parécenos máis que merecido esa homenaxe aos nosos deportistas alén de que cremos moi interesante que conten as súas propias vivenzas que podan servirlle a outros rapaces como inspiración e alento.
Neste mesmo sentido da crenza da importancia do deporte “poremos sobre a mesa a creación dunhas becas deportivas” anuncia Vilela “para axudar a estes mozos a que continúen coas súas carreiras e sexan coñecedores do orgullosos que fannos sentir. Cremos que dende a administración temos que axudalos e non pode limitarse o apoio a unha referencia en redes sociais. Hai que ir máis aló”
O CAMPO DA ARLIÑA
Así mesmo, de novo no apartado de rogos e preguntas, os populares preguntarán polas medidas que se van a adoptar de cara á rehabilitación dos vestiarios do campo da Arliña.
Recordan que o goberno local votou a favor de incluir o arranxo do campo no POS e logo, a realidade foi que nin sequera redactou o proxecto. “Nese pleno vaisenos a propor gastar máis de 1 millón de euros dos aforros dos muxiáns e ,sen embargo, non se lle ocurrio ao goberno incluir, polo menos, a mellora dos vestiarios o cal nos parece fundamental facelo xa para que poidan estar listos de cara á temporada do ano que vén” remata a portavoz que agarda téñanse en conta as propostas do seu grupo
Comments