O PP de Muxía lamenta que o goberno muxián non teña ningún plan de mantemento das estradas
- Partido Popular de Muxía
- 15 abr 2024
- 2 Min. de lectura
O estado das estradas do concello muxián é do abandono absoluto dende fai anos e cren necesario “un plan anual de mantemento de estradas”
Non entendemos se é por deixadez ou directamente por descoñecemento ou incapacidade pero o que esta claro é que o abandono que sufre o noso rural é máis que evidente”
Na maioría dos casos xa é tarde para bacheos pois o que temos son os viais completamente destruídos unha situación que dende o grupo popular levamos denunciando fai moito tempo
Denuncian a falla de EPIS dos empregados públicos unha circunstancia que xa teñen denunciado no pleno sin que o goberno muxián faga nada ao respecto.
Muxía, 15 de abril de 2024. A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, vén de criticar o anuncio feito nas redes sociais do concello de inicio das tarefas de bacheo pois “como en cada cousa que fai o goberno liderado polo señor Toba podemos ver que non existe ningún tipo de criterio, plan nin rigor á hora de facer estes bacheos” comenta a portavoz municipal.
Os populares recordan que o estado das estradas do concello muxián é do abandono absoluto dende fai anos e cren necesario “un plan anual de mantemento de estradas que, por certo, os populares levábamos no programa electoral, coa finalidade de que non cheguen a unha situación ruinosa como pasa actualmente con moita da nosa rede” explica a portavoz.

Dende o grupo popular critican a calidade deste bacheo ademáis de opinar que “son uns traballos de cara á galería pois en canto veña o próximo inverno eses bacheos desaparecerán. Non entendemos se é por deixadez ou directamente por descoñecemento ou incapacidade pero o que esta claro é que o abandono que sufre o noso rural é máis que evidente” explica Vilela que considera que “este é outro exemplo da incapacidade de xestión do goberno local”
Por outro lado os populares opinan que “na maioría dos casos xa é tarde para bacheos pois o que temos son os viais completamente destruidos unha situación que dende o grupo popular levamos denunciando fai moito tempo. Agora o custe de refacer esas estradas vai a ser moi superior ao de terlle feito no seu momento un mantemento en condicións”
EPIS DOS EMPREGADOS
Así mesmo, dende os populares denuncian a falla de EPIS dos empregados públicos unha circunstancia que xa teñen denunciado no pleno sin que o goberno muxián faga nada ao respecto.
“A seguridade laboral é fundamental e a normativa é clara. O concello debe proporcionar os EPIS e asegurarse de que os empregados os utilizan correctamente” indica a portavoz
Comments