O Concello de Muxía minte aos veciños para tentar tapar a súa neglixencia na xestión do SAF
- Partido Popular de Muxía
- 10 dic 2018
- 2 Min. de lectura
“Só pensan e perpetuarse no cargo e, se para iso teñen que mentir, míntese”, lamenta a portavoz popular Sandra Vilela ao respecto das declaracións formuladas polo rexedor socialista Porto afirmando que son eles os que pagan o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
A voceira popular denuncia que, pese a ter solicitado en moitas ocasións os datos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), dende o Concello sempre se negaron.
“Este goberno fai da ocultación e do secretismo o seu “modus operandi” e iso é sumamente preocupante polo que poden estar ocultando sobre a situación real do xestión municipal socialista en Muxía ”, lamentou VIlela.

A candidata do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, considera que o Concello de Muxía está desenrolando unha política de “terra queimada” nun desesperado intento de evitar facer pública a nefasta xestión levada a cabo a xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que financia a Xunta a través da Consellería de Política Social.
“Dende o PP entendemos que queiran recurrir á mentira e á inxuria como único xeito de tentar ocultar o desastre organizativo no tocante ao SAF”, sinala Sandra VIlela, “pero eso non esconde o feito de que os veciños demandantes, e as súas familias, non reciben asistencia domiciliaria por culpa da neglixencia do goberno local”.
Para a formación popular semella inda máis grave o Concello gastase recursos propios cando se están perdendo máis de 2.000 horas ao mes do SAF que son subvencionadas pola Xunta, “o cal deixaría nun pésimo lugar á capacidade de xestión dos recursos, propios e alleos, levada a cabo por este goberno, pois malgastaría cartos que se poderían invertir noutras áreas e desaproveitaría os fondo aportados pola Xunta para a atención no fogar”, lamenta Vilela. Desgoberno municipal“Os veciños de Muxía merecen ter un goberno que vele polos seus intereses e que atenda os seus problemas e, aos feitos me remito, este goberno tan só semella gobernar de cara á galería. Na realidade, non son capaces nin de aproveitar os recursos que lles veñen dados pola Xunta para que o noso Concello teña uns Servizos Sociais acordes á demanda veciñal”, critica Vilela en relación aos cerca de 55.930 euros que no último trimestre aportou a Xunta para as familias que demandan este servizo.
“O goberno de Muxía ten que saír e dar a cara dicíndolle aos veciños de Muxía que minten, que mentiron e que continuarán mentindo porque, en realidade, é o que saben facer cando a verdade sae á luz: mentir e gañar tempo a costa do que sexa e de quen sexa porque o benestar dos veciños, para eles, é secundario”, sentencia Vilela.
Comments