O Concello perdeu 1.922 horas de axuda a domicilio no último trimestre pese a ter lista de espera
- Partido Popular de Muxía
- 7 dic 2018
- 2 Min. de lectura
“A sensibilidade do goberno de Muxía e a súa preocupación polos servicios Sociais do Concello quedan ven ás claras deixando a veciños desasistidos por mor de non saber, ou non querer, xestionar as horas financiadas dende a Xunta”, criticou Vilela.
A portavoz popular denuncia que só se está atendendo ao 47% dos veciños que teñen aprobado o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
“É patente a falta de implicación do goberno local cun servicio que conta cunha ampla demanada e para o que a Xunta ten dotado sobradamente ao Concello de Muxía” ”, lamentou a voceira.
A candidata do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, denunciou hoxe que o goberno local permitiu que os veciños do municipio perdan no último trimestre un total de 5.766 horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que financia a Xunta a través da Consellería de Política Social.
En total, explicou a popular, o Concello de Muxía perdeu durante os meses de setembro, outubro e novembro deste ano unha partida de 55.930 euros, cantidade que Vilela considera “obscena” e unha “vergoña” para un concello que conta con cerca de vinte veciños agardando poder desfrutar dun servizo “básico” para as familias demandantes do mesmo.
“De ter a máis mínima decencia e vergoña o equipo de goberno debería dar explicacións inmediatas aos veciños do o como e o porque da súa nefasta xestión dun servizo que a Xunta financia -9,70 euros a hora- e pon ao dispor do concello”, criticou Sandra Vilela.
55.930 euros perdidos
Dende o Partido Popular de Muxía lamentan a nula transparencia do Concello á hora de facilitar “uns datos que son reveladores do pouco interese real en facer políticas sociais que ten este goberno ao que tanto se lle enche a boca para criticar á Xunta pola súa falta de sensibilidade cara a Muxía e A Costa da Morte”.

“A realidade é que Muxía perdeu 55.930 euros que a Xunta puxo á disposición do Concello para axudar ás familias que o precisasen”, resaltou Vilela. Unha crítica a unha atitude gubernamental de desprezo aos servicios sociais que considera “froito dun goberno sin proxecto e desnortado que non ten solucións viables nin para o presente nin para o futuro de Muxía”.
Comments