O GMP de Muxía doará o que cobran por asistencias a Cáritas de Muxía
- Partido Popular de Muxía
- 3 abr 2020
- 1 Min. de lectura
O Grupo Municipal do Partido Popular de Muxía xa se puxo en contacto co presidente da agrupación local de Cáritas, César Bugallo, para anunciarlle a doazón
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de anunciar que os 3 concelleiros que o conforman doarán o que cobran por asistencias a plenos e comisións informativas do actual trimestre á agrupación local de Cáritas.
“Entendemos que toda axuda é pouca nestes momentos nos que, coa economía totalmente paralizada, as persoas máis vulnerables estano pasando peor se cabe”, comentaba a portavoz municipal, que engadía, “ademais non só agora mesmo, unha vez superada a crisis sanitaria, espéranos unha situación económica nada favorable polo que, aínda que non resolveremos a totalidade das necesidades, queremos axudar”

A pesar diso, Sandra Vilela, recalcou estar segura de que todo se superara con unidade xa que “a sociedade galega está acostumada a ser xenerosa nos momentos difíciles e nestes tamén nos imos a axudar para saír adiante”
O Grupo Municipal do Partido Popular de Muxía xa se puxo en contacto co presidente da agrupación local de Cáritas, César Bugallo, para anunciarlle a doazón
Comments