top of page

O GMP pide ó alcalde que convoque ós portavoces para buscar solucións sobre a carretera de Touriñán

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 18 ene 2021
  • 2 Min. de lectura
  • Dende os populares consideran que se debe tomar medidas ó respecto xa, e esixirlle á autoridade portuaria que faga unha execución correcta da obra


  • Recordalle ó alcalde que “está aquí para defender os intereses municipais e veciñais e, aínda que a execución sexa responsabilidade da autoridad portuaria, non está a defender a Muxía”

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de solicitarlle ó alcalde unha xuntanza dos portavoces municipais para buscar solución sobre o problema que xurde na execución da obra da estrada a Faro Touriñán.


“É lamentable que aínda sen acabar de ser executada a obra, esta xa teña baches no seu inicio e as cunetas xa se esten a desfacer” comenta a portavoz municipal que explica que “xa cando vimos como se comenzaba a obra nos dimos conta de que esa non era unha obra de futuro como esperábamos, pero resulta que non dura nin o tempo de execución”.


Dende os populares consideran que se debe tomar medidas ó respecto e esixirlle á autoridade portuaria que faga unha execución correcta da obra “porque se non é así seguimos tendo o problema que xa tiñamos que é un vial en malas condicións





Ademáis, un vial fundamental para o concello dende o punto de vista turísitico e, por suposto, tamén polo número de poboación local que fai uso de ela a diario”

Pero ademáis, recordan os populares que, debido ó convenio firmado coa autoridade portuaria, a titularidade deste firme pasaría a ser municipal e, por ende, o seu mantemento, unha vez rematada a obra polo que “non podemos porlle esa hipoteca enriba ó noso concello e recibir unha carretera que xa tería que repararse dentro dun ano.” E recordalle ó alcalde que “está aquí para defender os intereses municipais e veciñais e, aínda que a execución sexa responsabilidade da autoridad portuaria, non está a defender a Muxía” sentenciou a popular que espera que a xuntanza solicitada se celebre o antes posible.






 
 
 

Comentários


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page