O goberno de Muxía nega a cesión dun local para promover un proxecto para una Casa do Maior
- Partido Popular de Muxía
- 16 feb 2020
- 2 Min. de lectura
As Casas do Maior son un recurso que pon a disposición a Xunta de Galicia e que, a pesar, de existir persoas interesadas en Muxía para promovelo non se poderá levar a cabo se o concello non cede un local que é como funcionan na maioría dos concellos nos que existe.
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, denuncia que o alcalde de Muxía nin sequera dou unha razón nin motivación á persoa interesada en promover unha Casa do Maior.
Este recurso que sirve para complementar o servicio de axuda a domicilio e que funciona como centro de día é totalmente gratuito para os usuarios, sen embargo, non se poderá levar a cabo en Muxía debido á negativa do concello a por a disposición un local.
Noutros concellos, como Coristanco, incluso é o propio concello o que ofrece unha ubicación para levar a cabo iniciativas deste tipo que están funcionando moi ben onde existen. En Muxía, que hai persoas interesadas atópanse con que a traba é o propio concello.
“Foron a falar co alcalde quen nin sequera, segundo nos contan, estudiou o tema en profundidade nin mostrou interés ningún. De feito, tampouco lles dou un razoamento para a negativa. Segundo me traslada a persoa interesada a actitude era sinxelamente de desinterés.”

“Temos varios centros sociais nas parroquias, as antigas escolas unitarias, que están prácticamente sen uso todo o ano é incomprensible que o alcalde negue ós veciños a posibilidade de que un deles poida servir como centro de día” comenta a portavoz municipal.
Dende o grupo popular enviarán un escrito ó concello o próximo luns no que pedirán ó alcalde que “recapacite” e lle permita ós veciños de Muxía a “ter acceso a un servicio máis que ademais é moi necesario nun concello nos que temos uns niveis de envellecemento importante da poboación”.
“Esperamos facelo cambiar de idea aínda que esta actitude do alcalde é o día a día do noso Concello. Nin escoita as propostas que lle chegan nin ten iniciativas para resolver os problemas dos muxiáns”, conclúe a portavoz municipal.
Comments