O PP advirte que o Goberno pon en perigo a piscifactoría de Lires co seu empeño en reformar a Lei de
- Partido Popular de Muxía
- 8 jun 2020
- 2 Min. de lectura
Os populares presentaron unha moción contra unha reforma que afecta por centos de postos de traballo na comarca de Costa da Morte
“Tratan de levar a cabo esta modificación en plena crise sanitaria a través da Lei de Cambio Climático, nun claro intento de facelo sen que a xente o saiba e sen que o sector poida facer nada”, denunciou Vilela
“O señor alcalde enganou aos veciños e deu as costas aos traballadores da nosa comarca ao votar en contra da moción que se presentou no seu día. Agora ten unha nova ocasión de defender os intereses de Muxía e deixar de lado as siglas e as cores políticas”, dixo
O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, advertiu hoxe que o Goberno central pon en perigo a continuidade da piscifactoría que o Grupo Tres Mares ten en Lires co seu empeño en reformar a Lei de Costas
Os populares, que presentaron unha moción na que reclaman unha vez máis que paralice esta reforma, lamentan que o executivo central “empéñese” en sacar adiante un texto que afecta directamente as concesións das empresas deste sector e que, polo tanto, pon en risco miles de postos de traballo en toda Galicia, centos deles directamente na comarca de Costa da Morte.
“Tratan de levar a cabo esta modificación en plena crise sanitaria a través da Lei de Cambio Climático, nun claro intento de facelo sen que a xente o saiba e sen que o sector poida facer nada”, denunciou Vilela.
“Pedimos que se deixe sen efecto a proposta de modificación dos prazos concesionais en zona de dominio público marítimo-terrestre formulada a través do artigo 18 do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética”, explicou Vilela, quen incidiu en reclamar que o Goberno central desista do seu propósito de tramitar unha modificación das condicións da ocupación de dominio público marítimo-terrestre que interprete e restrinxa de forma arbitraria a duración das prórrogas extraordinarias.
No texto presentado polos populares faise fincapé tamén en que, no caso de manter este propósito de modificación das condicións da ocupación de dominio público marítimo-terrestre, o Goberno central o someta a unha nova consulta pública con prazo suficientemente amplo para permitir e facilitar a remisión de alegacións por parte de administracións e axentes
sociais afectados.
“Esiximos que os socialistas rectifiquen o cambio interpretativo que está a aplicar na resolución das solicitudes de prórroga de concesións en de dominio público marítimo-terrestre”, apuntou a popular.
As mentiras do alcalde
Por outra banda, a nivel local, Vilela lembrou que o alcalde mentiu no seu día c cando dixo que a reforma estaba parada, e que non había intención por parte do Goberno central de levala a cabo.
“O señor alcalde enganou aos veciños e deu as costas aos traballadores da nosa comarca ao votar en contra da moción que se presentou no seu día. Agora ten unha nova ocasión de defender os intereses de Muxía e deixar de lado as siglas e as cores políticas”, dixo a popular.
Comentarios