O PP apela á unidade do sector para que Muxía convértase nun referente turístico da Costa da Morte
- Partido Popular de Muxía
- 9 feb 2019
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 18 jul 2019

Resaltou que o sector turístico é cada día “máis importante” para o desenvolvemento económico do concello, e incidiu na “necesidade” de que o goberno local “traballe man a man” coas distintas asosciaciones turísticas para potenciar as súas posibilidades.
Témolo todo para ser un referente turístico na comarca. Hai bos profesionais e contamos con grandes recursos, o único que nos falta é máis compromiso por parte do concello”, dixo Vilela.
Nunha reunión mantida nos últimos días con membros da asociación turística Muxía Natural, a popular resaltou que o sector turístico é cada día “máis importante” para o desenvolvemento económico do concello, e incidiu na “necesidade” de que o goberno local “traballe man a man” coas distintas asosciaciones turísticas para potenciar as súas posibilidades. No encontro, que se engloba dentro dunha serie de reunións de traballo que os populares levarán a cabo con diferentes asociacións sociais, culturais e deportivas de Muxía co fin de recavar todo tipo de iniciativas, propostas e ideas para desenvolver no futuro, Vilela destacou a “extraordinaria calidade” dos servizos que ofrecen na actualidade as casas rurais, os hoteis e os restaurantes do municipio.
Máis apoio local
“Témolo todo para ser un referente turístico na comarca. Hai bos profesionais e contamos con grandes recursos”, dixo Vilela, quen asegurou que potenciar este sector sería “moi beneficioso” para todos os veciños de Muxía. Por último, e neste sendtido a candidata dos populares aproveitou tamén para apelar ao apoio do goberno local como elemento “crave” e “esencial” para alcanzar no futuro obxectivos “ambiciosos” neste ámbito económico.
Comments