O PP apunta á inacción do Concello como causa de que Muxía volvan quedar sen Bandeira A
- Partido Popular de Muxía
- 11 may 2017
- 2 Min. de lectura
• Sandra Vilela incidiu en que o Concello de Muxía ten os medios necesarios para cumprir cos requisitos esixidos para contar con este distintivo do mesmo xeito que fan outros municipios da Costa da Morte
• “Estamos cansados da palabrería barata, o señor Porto tiña unha boa oportunidade de demostrar que quere apostar polo turismo e, unha vez máis, queda sen facer nada para converter a Muxía en un dos destinos destacados da comarca”, indicou
• Subliñou que só hai dúas maneiras de entender a postura do goberno local: “Ou pasan absolutamente de todo, ou están incapacitados para poder cumprir coas esixencias. Calquera das dúas opcións é moi grave e moi prexudicial para os veciños”.

O grupo municipal do Partido Popular de Muxía, encabezado pola súa portavoz, Sandra Vilela, apuntou hoxe á inacción e ao pasotismo do executivo local como causa fundamental de que as praias do Concello volvan quedar sen Bandeira Azul por décimo ano consecutivo.
Os populares, que recolleron o malestar que existe entre os veciños por un feito que “prexudica seriamente ao turismo da zona”, aseguraron que o goberno local conta con medios económicos e materiais para responder as esixencias que fixa o organismo que outorga esta distinción.
“Aos veciños hai que lembrarlles que, durante o mandato do señor Porto, este municipio recibiu 750.000 euros só por conceder a licenza para a construción do Parador”, indicou Vilela.
Neste sentido, a popular incidiu en que ese diñeiro é máis que suficiente para que o Concello de Muxía coloque paneis informativos sobre os ecosistemas litorais das praias, poñer en marcha unha oficina de turismo, dotar de papeleiras e colectores aos areais, habilitar baños públicos e un punto de auga potable, e dotar de servizo de socorrismo ás praias, entre outras cousas.
“A calidade da auga das nosas praias –Lago, Nemiña, Muíños o Lourido- é excelente, así que o resto é cousa do executivo local, pero xa sabemos que é incapaz de imitar a outros municipios da comarca que si contan con bandeira azul nas súas praias para desgrazas de todos os veciños de Muxía”, afirmou Vilela.
Unha oportunidade perdida
A popular cualificou de “irresponsable” a actitude adoptada por un goberno local que, ao seu xuízo, coa ausencia de bandeiras azuis, está a perder a oportunidade de impulsar o sector do turismo, tan importante para a economía do municipio.
“Estamos cansados de palabrería barata, o señor Porto tiña unha boa oportunidade de demostrar con feitos que quere apostar polo turismo e, unha vez máis, queda de brazos cruzados e sen facer nada para converter a Muxía en un dos destinos destacados da Costa da Morte gracias a súas praias”, dixo Vilela.
Por último, a portavoz subliñou que só hai dúas maneiras de entender a postura do goberno local: “Ou pasan absolutamente de todo, ou están incapacitados para poder cumprir coas esixencias. Calquera das dúas opcións é moi grave e moi prexudicial para os veciños”.
Commentaires