top of page

O PP critica que a “desidia” do goberno que deixa a Muxía sen participar nos obradoiros de emprego

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 22 ago 2018
  • 2 Min. de lectura

“Resúltanos complicado poder atopar un motivo que xustifique que Muxía non participe na solicitude deste obradoiro de emprego. Só se nos ocorren dúas posibilidades, ou que o executivo local non se decata destas cousas, que sería grave, ou que as coñeza e non lle interese poñelas ao alcance dos veciños, que sería aínda moito peor”, indicou Vilela.
A popular lamenta que os veciños doutros concellos teñan máis oportunidades que os de Muxía á hora de encontrar un emprego

A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, criticou hoxe que a “desidia” e o “desinterese” do goberno local provocou que os veciños de Muxía queden, unha vez máis, sen participar no programa de obradoiros de emprego impulsado pola Xunta de Galicia.

Os populares lamentan a “nula preocupación” mostrada polo rexedor, Félix Porto, para terminar co desemprego, un dos problemas máis importantes do municipio e que preocupa a maioría dos veciños.


“Resúltanos complicado poder atopar un motivo que xustifique que Muxía non solicite esta axuda que incentiva o emprego. Só se nos ocorren dúas posibilidades, ou que o executivo local non se decata destas cousas, que sería grave, ou que as coñeza e non lle interese poñelas ao alcance dos veciños, que sería aínda moito peor”, indicou Vilela.


Neste sentido, o portavoz dos populares subliñou que concellos como Dumbría, da misma cor política, si asinaron o acordo para solicitar o desenvolvemento este obradoiro.


“Mentres noutros municipios fan todo o que están nas súas mans para terminar co desemprego, os veciños de Muxía teñen que sufrir as consecuencias de contar cun rexedor que, lonxe de pensar nos problemas da xente, anda máis preocupado dos seus intereses partidistas”, criticou Vilela.


A popular alertou tamén que o feito de que Muxía non participe neste obradoiro fará que os seus veciños “perdan oportunidades”que si terán noutros lugares, unha circunstancia pola que, na súa opinión, o señor Porto debería dar unha explicación pública, aínda que, segundo Vilela, hai asuntos que “non teñen máis explicación que a incapacidade de xestión evidenciada en moitas ocasións polo rexedor”.


“Desde o Partido Popular sempre criticamos a política laboral do Concello. Non entendemos que a política laboral sexa dar un mes de traballo porque sabemos que este mecanismo non deixa de ser unha forma de vender un favor para lembralo o día das eleccións”, rematou Vilela.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page