top of page

O PP de Muxía carga contra o alcalde por non solicitar os obradoiros de emprego da Xunta de Galicia

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 11 oct 2019
  • 2 Min. de lectura
Sandra Vilela cualifica de “imperdoable” que o executivo local deixase pasar a posibilidade de participar nunha iniciativa na que na Xunta inviste máis de 650.000 euros na comarca
“É unha pena que tendo un alcalde novo suframos este tipo de cousas. Durante a campaña electoral púxose o traxe de vítima dicindo que el sabía o que era estar en paro e agora comprobamos cal é a súa verdadeira preocupación por este asunto”, dixo


O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, criticou que os veciños do municipio non poidan beneficiarse dos obradoiros de emprego postos en marcha pola Xunta de Galicia e dirixido a persoas desempregadas. Para a popular, a loita contra o paro debería ser unha das “prioridades” dun goberno local que “se permite o luxo de nin sequera solicitar ningún dos dous obradoiros que o goberno autonómico pon ao dispor dos concellos”. O obxectivo da iniciativa é que persoas desempregadas se formasen nun oficio mentres realizaban tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirían un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais son de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.

“É unha pena que tendo un alcalde novo suframos este tipo de cousas. Durante a campaña electoral púxose o traxe de vítima dicindo que el sabía o que era estar en paro e agora comprobamos cal é a súa verdadeira preocupación por este asunto”, criticou Vilela.

Neste sentido, a portavoz dos populares lembra que outros municipios da zona si participarán nestes obradoiros para os que a Xunta de Galicia destina a través da Consellería de Emprego e Industria máis de 651.000 euros na comarca. “Si tivese un pouco de vergoña o primeiro que faría o alcalde é pedir perdón aos veciños e, posteriormente, tratar de que este feito non volva suceder”, concluíu o popular.


Os participantes nos obradoiros duais poderían combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.



 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page