O PP de Muxía denuncia o estado dos vestiarios do campo de fútbol da Arliña
- Partido Popular de Muxía
- 20 feb 2024
- 2 Min. de lectura
Recordan os populares que unha das propostas que fixeron no seu momento para que fose incluído no POS 2024 foi a obra de reforma integral do campo de fútbol da Arliña mais o goberno local nin tan sequera redactou o proxecto
“Aquí vemos unha vez máis a falla de traballo e compromiso do goberno liderado polo Sr. Toba co deporte xa que votou a favor desa moción pero logo non fai nada para levala a cabo demostrando tamén o cinismo político deste goberno que vota unha cousa e logo fai outra”
Recorda que no mes de novembro o concello de Muxía renunciou a unha subvención para material deportivo por importe de 9.675,16€ concedida pola Xunta de Galicia
·
“Os populares non renunciamos a que fágase unha reforma integral do campo para dotar Muxía das instalacións deportivas que merecemos e seguiremos pelexando por elo”

Muxía, 20 de febreiro de 2024. A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, lamenta o estado no que se atopan os vestiarios do campo de fútbol de Arliña que se atopan practicamente inutilizables debido ás filtracións de chuvia.
“É unha vergoña que Muxía non teña unhas instalacións deportivas á altura tendo que, nalgúns casos, incluso ir a competir a outros campos por falla de luz ou como é este caso que os vestiarios se atopen nun estado que dificultan moito o seu uso” comenta a portavoz municipal Sandra Vilela
Recordan os populares que unha das propostas que fixeron no seu momento para que fose incluído no POS 2024 foi a obra de reforma integral do campo de fútbol da Arliña mais o goberno local nin tan sequera redactou o proxecto polo que non foi posible a súa inclusión “nen sequera no plan complementario” comenta a portavoz municipal que recorda que “os populares levamos unha moción ao pleno na que propoñíamos que a obra da reforma integral do campo fose incluída no POS 2024 mais o goberno municipal non tivo a ben nin redactar o proxecto”
“Aquí vemos unha vez máis a falla de traballo e compromiso do goberno liderado polo Sr. Toba co deporte xa que votou a favor desa moción pero logo non fai nada para levala a cabo demostrando tamén o cinismo político deste goberno que vota unha cousa e logo fai outra” reprocha a portavoz municipal quen recorda que no mes de novembro o concello de Muxía renunciou a unha subvención para material deportivo por importe de 9.675,16€ concedida pola Xunta de Galicia. “Ata onde sabemos estaba prevista que esa subvención fose para dotar ó ximnasio con nova maquinaria e debido á falla de traballo por parte do goberno local tiveron que renunciar a ela pois non deron feito a tramitación en prazo” lamenta a portavoz municipal
Os populares anuncian que levarán a situación dos vestiarios ao próximo pleno municipal do mes de marzo xa que “entendemos que debe facerse unha actuación urxente neles de cara a que no próximo inverno non volva a pasar o que pasou neste” comenta Vilela que ademais afirma que “os populares non renunciamos a que fágase unha reforma integral do campo para dotar Muxía das instalacións deportivas que merecemos e seguiremos pelexando por elo”

Comments