O PP de Muxía levará ao próximo pleno ordinario unha moción para aprobar a Ponte de Vilachán
- Partido Popular de Muxía
- 9 mar 2024
- 3 Min. de lectura

Anuncia que presentará o próximo luns por rexistro unha moción plenaria na que proporán a aprobación dunha modificación orzamentaria para que “a obra da Ponte Vilachán quede definitivamente aprobada”
Foron pasando os meses co goberno local contando unha mentira trala outra” lamenta a portavoz que continúa, “ a última foi anunciar fai máis de 2 semanas que faría un pleno inminente para a aprobación desta obra sen que a día de hoxe téñasenos convocado nin teñamos ningunha noticia ao respecto”.
“Os populares imos a seguir pelexando, como fixemos sempre, para que a obra se acometa e xa que o goberno local non fai o seu traballo e castiga ós veciños da zona polos malos resultados electorais que o PSOE tivo alí nas eleccións municipais, seremos os do Partido Popular os que levaremos a aprobación da obra a pleno agora que sí se conta cos permisos pertinentes”
Muxía, 9 de marzo de 2024. A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela anuncia que presentará o próximo luns por rexistro unha moción plenaria na que proporán a aprobación dunha modificación orzamentaria para que “a obra da Ponte Vilachán quede definitivamente aprobada despois de máis de un ano de mentiras por parte do goberno local”.
Os populares recordan que a Ponte de Vilchán comenzou a ceder en febreiro do ano 2023 e que durante a campaña electoral das eleccións municipais celebradas ese ano o alcalde afirmaba no mitin que realizou naquela zona que xa tiña a ponte comprada e descargaba a culpa en que non lle chegaran os permisos de Aguas de Galicia algo que “logo os veciños puideron comprobar que era unha falsidade xa que nin había ponte nin pedira tampouco os permisos para facer dita actuación e así foron pasando os meses co goberno local contando unha mentira trala outra” lamenta a portavoz que continúa, “a última foi anunciar fai máis de 2 semanas que faría un pleno inminente para a aprobación desta obra sen que a día de hoxe téñasenos convocado nin teñamos ningunha noticia ao respecto”.
Debida á situación de urxencia desta actuación que, recordan os populares, ten a estrada cortada dende fai case 1 ano “os populares imos a seguir pelexando, como fixemos sempre, para que a obra se acometa e xa que o goberno local non fai o seu traballo e castiga ós veciños da zona polos malos resultados electorais que o PSOE tivo alí nas eleccións municipais, seremos os do Partido Popular os que levaremos a aprobación da obra a pleno agora que sí se conta cos permisos pertinentes”
ACTUACIÓN DE AGUAS DE GALICIA
Os populares muxiáns queren agradecer tamén a rapidez coa que Aguas de Galicia concedeu estes permisos xa que “expedíronse nun tempo récord, en escasos 2 meses a administración dependente da Xunta de Galicia doulle luz verde a esta actuación” celebra a portavoz muxiana que explica que “trasladóuselle dende o PP a situación na que se atopaba esta actuación e a importancia de que fosen rápidos na xestión e entenderon perfectamente que non podían demorarse moito. O compromiso da Xunta de Galicia co noso municipio demóstrase unha vez máis nos actos creen os populares cuxa portavoz conclúe “é unha pena que o goberno do Sr. Toba tivera abandonados a estes veciños xa que a vista está que si o concello fixera a súa parte isto fai moito que estaría resolto
Comments