top of page

O PP de Muxía manifestou o seu desagrado polos problemas existentes na xestión dos cans abandonados

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 20 dic 2019
  • 2 Min. de lectura
Sandra Vilela cree que máis alá de que as competencias lle sean propias ó concello, “aínda que non o fosen é unha cuestión de humanidade”
A protesta xurde a raíz das queixas recibidas polos populares de parte de veciños que se atopan con problemas para que o concello se faga cargo dos animais cando os atopan abandonados.


O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, manifestou o seu desagrado polos problemas existentes na xestión dos cans abandonados. A protesta xurde a raíz das queixas recibidas por parte de varios veciños que lle fixeron saber á portavoz do PP de Muxía, Sandra Vilela, que se atopan con problemas para que o concello se faga cargo cando aparece un can abandonado, “competencias que son exclusivamente do concello segundo establece a Lei de Benestar Animal” aínda que a portavoz do PP cree que “máis alá das competencias, aínda que non fosen propias, é unha cuestión de humanidade. Non podemos desentendernos e deixar un can na calle”. “Sabemos que atender estes animais produce un gasto ó concello mais non podemos nin debemos facer nada máis que asumilos e atendelos, dende logo o que non pode pasar é que non se lle dea saída nin solución ou que o concello se desentenda deste problema” afirma a portavoz. O caso que fixo que algúns veciños se puxesen en contacto co PP, sucede a semana pasada cando aparece unha cadeliña abandonada e tras chaman á policía local para ver de que xeito teñen que xestionar o caso a resposta que obteñen por parte do concello, segundo conta a veciña, é que non poden facerse cargo del porque hai moitas facturas pendentes. Ese mesmo fin de semana o goberno local facía unha chocolatada para celebrar o acendido das luces de nadal. “Non digo que non se poda facer a chocolatada pero se hai fondos para eso debe de habelos para atender un ser vivo e non deixalo a mercé da bondade da persoa que o atopa” Segundo as queixas recibidas polos populares, ésta é unha situación habitual, que esperan non volva a repetirse. Neste caso concreto o caso acabou ben xa que gracias á movilización en redes sociais púidose atopar o dono da cadeliña mais dende os populares pregúntanse que cree o alcalde que se debe de facer se non fose ese o caso, ¿volver a deixar o can onde se atopou?


 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page