O PP de Muxía mantén unha reunión coas nais da comarca afectadas polo problema da falta de pediatra
- Partido Popular de Muxía
- 16 feb 2019
- 2 Min. de lectura
“Creemos que, como políticos, a nosa abriga é tratar de solucionar os problemas dos nosos veciños”, dixo Vilela, que invitou ao alcalde de Muxía, quen declinou a oferta por problemas de axenda.
Núñez destacou a petición da convocatoria dun MIR extraoridinario –rexeitado- e o intento de que os especialistas e os médicos de familia desempeñen o seu labor máis tempo nas zonas rurais, a cambio de primas económicas e dunha maior puntuación nos traslados.

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Muxía nas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio, Sandra Vilela, mantivo onte unha reunión coas nais da comarca de Costa da Morte afectadas polo problema da falta de pediatras na zona. Acompañada polo portavoz de Sanidade do PPdeG no Parlamento de Galicia, Aurelio Núñez, e polo candidato dos populares á alcaldía de Zas, David Gómez, a reunión prodúcese despois de que as nais se puxeran en contacto con Sandra Vilela para reclamar o encontro. “En canto comentáronnos esa necesidade, Aurelio Núñez non tivo ningún problema en reunirse con elas para tratar de explicar como está a situación actualmente”, dixo. Lonxe de polemizar sobre o uso ou non dos nenos para facer campaña política, a popular quixo aclarar que o único obxectivo da reunión é tratar de buscar unha solución a un problema que, afirmou, non afecta só a Galicia, senón que se debe á falta de pediatras en todo o territorio nacional. “Creemos que, como políticos, a nosa obriga é tratar de solucionar os problemas dos nosos veciños”, dixo Vilela, quen aclarou que a súa formación trasladou a invitación para participar na charla ao alcalde de Muxía, Félix Porto, quen declinou a oferta por problemas de axenda.
Medidas da Xunta de Galicia
Na charla, Núñez puxo sobre a mesa as medidas que o goberno da Xunta está a negociar para tratar de solucionar o problema. Entre elas, o popular destacou a petición da convocatoria dun MIR extraoridinario – rexeitado- e o intento de que os especialistas e os médicos de familia decidisen desempeñar o seu labor máis tempo nas zonas rurais, a cambio de primas económicas e dunha maior puntuación á hora de pedir traslados. “Estamos a falar dun asunto moi complicado, que non ten unha solución sinxela, pero no que a Xunta está a traballar de maneira moi concienciada para tratar de alcanzar unha solución”, dixo Vilela. Por último, e tras atender as dúbidas expostas polas nais, Núñez comprometeuse a trasladar aos responsables da consellería de Sanidade a pregunta sobre si os médicos de cabeceira poden ou non atender aos nenos ante a falta de pediatra
Comments