O PP de Muxía pide ó gobernó local que faga desinfeccións cunha empresa certificada
- Partido Popular de Muxía
- 4 dic 2020
- 2 Min. de lectura
É a segunda vez que piden que se realicen desinfeccións que poidan certificarse nos colexios e edificios públicos como o ximnasio ou o propio concello mais no seu primeiro escrito non obtiveron resposta por parte do goberno municipal
Tamén recolleron as queixas dos veciños das parroquias e solicitaron que se extendan as desinfeccións das zonas viarias ás parroquias
Só a través de empresas autorizadas no ROESB se pode certificar que a desinfección realizada é correcta e que os productos que se utilizaron son os necesarios para a desinfección por Covi-19
O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través do seu portavoz, Sandra Vilela, ven de comunicar que enviaron un escrito ó goberno municipal solicitando que se faga unha contratación externa dunha empresa autorizada para realizar desinfeccións nos edificios públicos que estiveron en contacto co Covd -19 xa que só a través de empresas autorizadas no ROESB se pode certificar que a desinfección realizada é correcta e que os productos que se utilizaron son os necesarios para a desinfección por Covi-19.
É a segunda vez que piden que se realicen desinfeccións que poidan certificarse nos colexios e edificios públicos como o ximnasio ou o propio concello mais no seu primeiro escrito non obtiveron resposta por parte do goberno municipal
“A situación de Muxía actualmente é preocupante e creo que debemos de ser responsables e deixar de facer demagoxia coas desinfeccións. A única forma de certificar que a desinfección é correcta é a través dunha empresa autorizada para elo” explica a portavoz que engade que “estanse ou estiveronse utilizando productos como o ozono que non están homologados pola comisión europea de biocidas para a desinfección contra o Covid-19. "Esto non é un xogo de rapaces, nesto hai que ser, por unha vez, rigurosos. Estamos falando da saúde dos nosos veciños”
"Esto non é un xogo de rapaces, nesto hai que ser, por unha vez, rigurosos. Estamos falando da saúde dos nosos veciños”
Sandra Vilela recordou que a situación en Muxía pide que se tomen medidas e lamenta que todo o que veña dende a oposición sexa rechazado ata cando é para beneficio da saúde de todos e todas xa que “pedimos fai unhas semanas que se aplazasen as actividades culturais, sabemos que son seguras, pero é unha cuestión de minimizar riscos, e a situación actual do concello é grave. Chamóusenos alarmistas para suspendelas unha semana despois. Non é o momento de polemizar senon de escoitar todas as aportacións
DESINFECCIÓNS NO RURAL
A portavoz municipal indicou que no escrito remitido ó concello tamén trasladan as queixas que lle chegaron de varios veciños das distintas parroquias muxianas que “sinten que son veciños de segunda e así nolo trasladan xa que aínda que no núcleo de Muxía se están facer desinfeccións nas calles non é así nas nosas aldeas, algunas con índices de contaxios altos, e por tanto, pedimos que se extendan as desinfeccións das zonas viarias ás parroquias”. Conclúe a portavoz que espera que nesta ocasión as súas peticións sexan tidas en conta.
Comentários