top of page

O PP de Muxía posiciónase en contra da reestruturación no edificio no Concello

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 22 may 2020
  • 2 Min. de lectura
  • Dende o goberno municipal preténdese quitar as oficinas do Xuzgado de Paz, que levan dédacas ubicadas ó lado do concello


  • Pero peor lles parece ós populares que se vaia a mover o CIM para a planta baixa do concello xunto con todos os demais servicios xa que “o CIM está colocado de forma estratéxica por unha cuestión de privacidade


  • Non vai a supoñer ningunha mellora de accesibilidade para os veciños e non comprenden cal é a función deste cambio “salvo que non sexa máis que para quitar da primeira liña ós concelleiros locais do propio goberno municipal que, últimamente, parecen molestarlle ó alcalde”



Tralo anuncio do alcalde de Muxía en medios de comunicación e redes sociais dunha reestruturación no edificio do concello de Muxía e tras informarse de en que consistía dita reforma dende o PP de Muxía posiciónanse en contra de dita reestruturación por considerala, segundo palabras da portavoz municipal Sandra Vilela, de “improvisada” e “sin sentido”.


Dende o goberno municipal preténdese quitar as oficinas do Xuzgado de Paz, que levan dédacas ubicadas ó lado do concello, para outras dependencias municipais o cal “non ten sentido. Actualmente, saes da porta do concello e entras na do xuzgado. Se o que se pretende é mellorar o servizo vaise a conseguir todo o contrario xa que obrigas ós veciños a ter que desprazarse a outro edificio noutra ubicación”, explicaba a portavoz.


Segundo trasladaba o alcalde o que se pretende é que os servicios sexan máis accesibles “nun edificio no que temos dende fai moitos anos un ascensor que permite a todos aqueles que teñan problemas de movilidade desprazarse sen problemas polo edificio municipal”


Pero peor lles parece ós populares que se vaia a mover o CIM para a planta baixa do concello xunto con todos os demais servicios xa que “o CIM está colocado de forma estratéxica por unha cuestión de privacidade. Temos que ter en conta que se dan servicios como o de atención psicolóxica ou de información a persoas, por exemplo, vítimas de violencia de xénero, e a súa ubicación actual pretente gardar ó máximo posible a súa privacidade, co cambio imos conseguir todo o contrario”.


Dende os populares remataban decindo que calquera pode darse conta de que non é máis que unha “improvisación sen sentido” que non vai a supoñer ningunha mellora de accesibilidade para os veciños e non comprenden cal é a función deste cambio “salvo que non sexa máis que para quitar da primeira liña ós concelleiros locais do propio goberno municipal que, últimamente, parecen molestarlle ó alcalde”, sentenciaba a portavoz.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page