top of page

O PP de Muxía recorda ó gobernó local que ten minoría no pleno municipal

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 1 mar 2021
  • 3 Min. de lectura
 Ante as acusacións do PSOE de que o PP votou “non” ás obras do POS, recórdalle que se o PP non se abstivese, o seu goberno non sacaría adiante o plan provincial
 “A pesar de que imos ós plenos sen ningún intento por parte do goberno de consensuar as medidas, sacouse o POS adiante gracias á responsabilidade da oposición”
 Sen embargo, dende o PP expoñen que unha cousa é non perder recursos de outras administracións e outra permitir que siga malgastando os cartos dos veciños.

Muxía, 1 de marzo de 2021.- O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, quixo recordarlle ó gobernó local que se atopa en minoría no pleno municipal e ante as acusacións do PSOE de que o PP votou “non” ás obras do POS, recórdalle, que se o PP non se abstivese, o seu goberno non sacaría adiante o plan provincial.

“Estamos fartos da manipulación deste goberno municipal. Se non apoiamos o POS foi porque non estábamos de acordo ca maioría das intervencións, existían outras prioridade que, ademais deixamos claras no pleno municipal. Se o alcalde non o entende é simplemente porque non escoita. Sen embargo, abstivémonos. A pesar de que imos ós plenos sen ningún intento por parte do goberno de consensuar as medidas, sacouse o POS adiante gracias á responsabilidade da oposición para que non se perderan eses fondos” explica a portavoz municipal popular que lle recorda que “con 3 votos de 11 non se poden sacar adiante as propostas”.

Os populares recordan que expuxeron os argumentos para non apoialo no pleno e que son o suficientemente contundentes como para haber votado en contra. “Temos varios dos nosos núcleos con problemas no abastecemento de auga como Suxo, Castelo, Agranzón ou o propio pobo de Muxía, moitos problemas de saneamento en distintas zonas do concello por non falar do estado dos camiños interiores de moitas das nosas aldeas ou os camiños de monte tan importantes para o sector agrícola e, por elo, entendemos que o proxecto do POS era mediocre e evidencia a falta de coñecemento que ten o alcalde do territorio que se supón que debe gobernar. Aínda así, non queremos que se perdan os recursos”, explica a portavoz.










O REMANENTE DE TESOURERÍA


Sen embargo, dende o PP expoñen que unha cousa é non perder recursos de outras administracións e outra permitir que siga malgastando os cartos dos veciños, en referencia ó remanente de tesourería do concello de Muxía.


“Quedan 2 millóns e pico de euros no banco, dos máis de 3 que recibío e nós non imos a ser cómplices de que os aforros dos muxiáns se malgasten. O concello está totalmente abandonado e as necesidades sen atender e non imos a seguir permitíndolle, alo menos nós, que malgaste os cartos que son de todos e cada un de nós”


Fan alusión os populares ás noticias sobre que o goberno central autorizará o uso do remanente de tesouraría ós concellos e deixan clara a súa postura. “Este goberno leva gastados entre remanente, presupostos e cartos de outras administracións cerca de 6 millóns de euros nestes 2 anos e non fixo absolutamente nada polo que ou negocia e leva proxectos serios e cambia a forma de gobernar ou a nosa postura será unha negativa clara”


“Fomos responsables absténdonos no POS e seguirémolo sendo non permitindo que se dilapiden os cartos deste concello sin criterio e sin sentido que é o que leva pasando ata este momento”


Recordan os populares que a súa lealdade é para cos veciños de Muxía e non estarían sendo fieis ás súas responsabilidades se permitisen que se tiren os cartos de todos.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page