top of page

O PP de Muxía urxe ao goberno local a que deixe de rirse dos veciños e conteste as preguntas da oposición

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 20 ene 2024
  • 2 Min. de lectura
  • O grupo popular rexistrou as preguntas previamente ao pleno para que o goberno teña que contestalas “in situ” no pleno

  • “Fai 3 anos que o goberno non contesta ás preguntas que o grupo popular fai nos plenos. Unha situación máis propia das dictaduras que dun goberno demócrata

  • “A quen falta ao respeto non contestando ás preguntas é a todos os veciños do noso concello que queren saber porque non se están a cumprir as súas promesas electorais”


Muxía, 20 de xaneiro de 2024. A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela urxe ao goberno goberno local a que deixe de rirse dos veciños e conteste ás preguntas da oposición.

 

“Fai 3 anos que o goberno non contesta ás preguntas que o grupo popular fai nos plenos. Unha situación máis propia das dictaduras que dun goberno demócrata” reprocha a portavoz municipal que engade que “do que non se da conta o alcalde é que a quen ningunea, a quen falta ao respeto non contestando ás preguntas é a todos os veciños do noso concello que queren saber porque non se están a cumprir as súas promesas electorais”

 

Segundo se establece no artigo 97 do ROF (Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales) establece no seu artigo 97 que as preguntas que sexan plantexadas con 24 horas de antelación deben ser contestadas na propia sesión plenaria e, polo tanto, dende o grupo municipal popular  remitiron un escrito no día de hoxe coas preguntas algunas delas xa planteaxadas en outros plenos que non tiveron resposta



 

Os populares preguntarán por obras paradas como a da ponte de Vilachán da que “o alcalde díxolle aos veciños en campaña que xa tiña a ponte comprada, sen embargo, casi un ano despois de que a carretera se pechara non temos novidades ao respecto” explica a portavoz que continúa “o mesmo que pasa coa obra da luminaria do entorno da Barca que leva máis de un ano parada sen que saibamos que vai a pasar con ela”.

 

Outras obras paradas como a da carretera de Leis tamén é incluida no listado de preguntas xa que se “trátase dun engaño máis aos veciños. No mitin de Leis afirmou o alcalde que ao mes seguinte empezaría a obra, 6 meses despois non sabemos nada de como está nin o porqué de que non se inicie” explica Vilela

 

Rematan o listado de preguntas que os populares platexarán no pleno os problemas ca presión de auga de Armear, a obra da rotonda a Lourido ou o porqué o concello renunciou a unha subvención de 9000€ para equipamento Deportivo concecida pola xunta de Galicia.

 

“Esperamos que, polo ben de Muxía, este goberno cese na súas actitudes despóticas e conteste aos veciños de Muxía sobre as súas preocupacións no pleno xa que non poden obter resposta doutro xeito xa que nunca está no concello cando os veciños queren falar con él” remata a portavoz muxiana

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page