top of page

O PP denuncia a falta de mantemento das pistas deportivas de Muxía

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 20 jun 2017
  • 2 Min. de lectura

• Sandra Vilela asegura que “non é un asunto puntual”, e subliñan que o goberno municipal leva moitos anos sen facer nada para garantir a boa conservación destas pistas deportivas, nas que é sinxelo encontrar “maleza e vestiarios sucios e totalmente desfeitos”


• Subliña que, co seu comportamento, o único que logra o alcalde “é poñerlle trabas á xente nova que vive no rural para facer deporte e para que senta a gusto en Muxía”


• Os populares urxen ao Concello a que tome as medidas necesarias para mellorar o estado das pistas polideportivas existentes, e reclaman que o goberno local adecúeas para a práctica doutros deportes como o tenis e o baloncesto



O grupo municipal do Partido Popular de Muxía, encabezado pola súa portavoz, Sandra Vilela, denunciou hoxe o estado de abandono no que se atopan as pistas deportivas de Villarmide, Castro, Morpeguite e O Senande, e sinalan ao Concello como responsable da súa falta de mantemento.

Os populares aseguran que o mal estado destas infraestruturas “non é un asunto puntual”, e subliñan que o goberno municipal leva moitos anos sen facer nada para garantir a boa conservación destas pistas deportivas, nas que, segundo explicou, é sinxelo encontrar maleza e vestiarios “sucios e totalmente desfeitos”.

“Estamos a falar de instalacións que, como é normal, no seu día pagáronse con diñeiro público e que agora se atopan nun estado ruinoso”, dixo a popular, quen lamentou que rexedor, Félix Porto, transmita a sensación de que “lle importa ben pouco malgastar os fondos públicos”.

Neste sentido, desde o grupo municipal do Partido Popular de Muxía fixeron fincapé en que esta “deixadez municipal” non contribúe, na súa opinión, a afianzar á poboación xuvenil nun municipio que está a sufrir unha “notable perda” de xente nova nos últimos anos.

“Co seu comportamento, o único que logra o alcalde é poñerlle trabas á xente nova que vive no rural para facer deporte e para que senta a gusto en Muxía”, criticou Vilela, quen asegurou que fomentar a práctica da actividade deportiva debería formar parte das medidas impulsadas desde calquera executivo local no seu obxectivo de que todos os seus veciños teñan as mesmas oportunidades e servizos.

Por todo iso, os populares urxen ao Concello a que tome as medidas necesarias para mellorar o estado das pistas polideportivas existentes, e reclaman que o goberno local adecúeas para a práctica doutros deportes como o tenis e o baloncesto.

“Temos unhas infraestruturas que debemos potenciar, e ás que podemos sacarlle moito partido realizando un pequeno investimento”, asegurou Vilela, quen terminou defendendo que, non facelo, deixaría en “evidencia” a falta de xestión e o pasotismo do señor Porto á hora de exercer as súas responsabilidades como alcalde.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page