top of page

O PP denuncia a grave situación económica tras declararse indispoñible un millón de euros para obras

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 29 sept 2018
  • 2 Min. de lectura

Lembrou que todos os concellos están suxeitos ás mesmas leis á hora de controlar as súas finanzas, e fixo fincapé en que dende a dirección xeral de Política Financieira “levaban moito tempo advertindo da situación irregular”.
“O mínimo que ten que facer o alcalde é dar a cara e explicar que sucedeu, pedir perdón polas obras perdidas e buscar algún tipo de solución para que esta situación non se repita no 2019”, dixo.

O grupo municipal do Partido Popular de Muxía, encabezado por Sandra Vilela, denunciou hoxe a “grave situación económica” na que se atopan as arcas municipais despois de que un informe da dirección xeral de Política Financieira e Tesouro declarase indispoñible un millón de euros para levar a cabo diversas obras por non cumplir o plan económico do ano pasado.


Os populares subliñan que dende este organismo levan moito tempo advertindo da delicada situación financeira do municipio, e lembran que a súa formación abstívose en cada unha das votacións nas que se aprobaba unha modificación de crédito.


“Lamentamos que, unha vez máis, o tempo nos dea a razón”, dixo Vilela, quen lembrou os “continuos reproches” que os integrantes do seu grupo político tiveron que soportar por parte do rexedor, ao que acusan de levar ao Concello de Muxía a un “limbo financeiro que por desgraza terán que padecer os veciños”.


Vilela criticou tamén que o alcalde, Félix Porto, se escude nunha “norma supostamente inxusta”, e lembrou que todos os concellos están suxeitos ás mesmas leis á hora de controlar as súas finanzas, e fixo fincapé en que a Intervención do concello “levaba moito tempo advertindo da situación irregular”.


Sobre este punto, a popular lembrou que o ano pasado o pleno municipal aprobou un plan financeiro para tentar reconducir a situación económica. “Ao goberno local “non lle deu a gana de cumprilo”, apuntou Vilela.


Explicacións aos veciños


Ante esta situación, os populares esixen que o alcalde dea explicacións aos veciños, tendo en conta que serán eles os que perdan as obras que estaban anunciadas e que agora non se poderán executar.

Entre estas actuacións, Vilela destacou o acondicionamento da contorna da Barca, os camiños interiores de Vilachán, a estrada de Fumiñeo e a de Sinagoga-Buiturón. “O mínimo que ten que facer o alcalde é dar a cara e explicar que sucedeu, pedir perdón e buscar algún tipo de solución para que esta situación non se repita no 2019”, dixo a portavoz dos populares, quen urxiu ao rexedor a cumprir o plan financiero aprobado para este curso.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page