O PP denuncia o uso diñeiro público para financiar a campaña do candidato do PSOE
- Partido Popular de Muxía
- 20 dic 2018
- 2 Min. de lectura
“A pouco máis de cinco meses de que se termine a lexislatura ao señor Porto parece que lle deu un ataque de ‘deportitis’ aguda”, dixo a candidata popular, quen o único que busca Félix Porto e pagar a campaña do seu substituto.
Asegurou que todo o mundo no municipio sabe que a Toba “nin lle importa, nin lle interesa o deporte”, e puxo como exemplo que, en case catro anos, a súa presenza nos partidos do equipo de fútbol foi “testemuñal”.
A portavoz do Partido Popular de Muxía e candidata ás eleccións municipais do mes de maio, Sandra Vilela, denunciou hoxe o uso de diñeiro público por parte do goberno local para financiar a campaña do candidato á alcaldía do concello por parte do PSOE e concelleiro de Deportes, Iago Toba, a través da dedicación exclusiva aprobada no pleno celebrado onte.
Os populares, que cualifican de “burla e de tomadura de pelo” aos veciños a decisión aprobada polo executivo local, subliñan que non existe motivo algún que xustifique esta medida, “a parte do claro interese partidista e beneficio persoal para Toba”, ironizou Vilela, quen acusou o rexedor de “rirse e de tomar por parvos” aos veciños de Muxía.

Neste sentido, a candidata popular, asegurou que todo o mundo no municipio sabe que a Toba “nin lle importa, nin lle interesa o deporte”, e puxo como exemplo que, en case catro anos, a súa presenza nos partidos do equipo de fútbol foi “testemuñal, por non dicir nula”. Con todo iso, para Vilela, o único motivo para aprobar a nova dedicación exclusiva non é outro que o de que Toba poida financiarse a súa campaña electoral co diñeiro de todos os veciños de Muxía, un feito concluíu.
Comments