top of page

O PP faise eco das queixas polo mal estado no que se encontra a estrada ó Faro Touriñán

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 4 oct 2017
  • 2 Min. de lectura




O grupo municipal do Partido Popular de Muxía, encabezado pola súa portavoz, Sandra Vilela, anunciou hoxe que levará ao próximo pleno municipal as queixas dos veciños polo mal estado de conservación no que se atopa na actualidade a estrada que dá acceso ao Faro Touriñán.

Tras manter unha reunión cos veciños da parroquia de Nemiña, e á espera de facer o propio coa xente que vive das parroquias de Touriñán, Morquintián, Frixe, Bardullas e Buiturón –principais prexudicados polo estado da vía-, os populares entenden que é “urxente” levar a cabo as actuacións necesarias para reparar a estrada.

“Levamos anos esperando a que Puertos del Estado, o Concello ou a Deputación da Coruña tomen cartas no asunto, pero o certo é que ningunha do tres administracións foi capaz de facer algo”, denunciou Vilela, quen explicou que entre o tres institucións o único que fixeron foi “irse pasando a pelota”.

Neste sentido, e tendo en conta que o Faro Touriñán é un dos enclaves turísticos máis representativos do Concello de Muxía, e que o peso do sector turístico é cada vez máis importante na economía do municipio, a portavoz popular asegura que, para a súa formación, é “obrigatorio apoiar a petición veciñal e todas as actuacións que leven a cabo reclamando os seus dereitos”.

Por todo iso, o Partido Popular de Muxía instará a Puertos del Estado a que poña en marcha as obras necesarias na estrada e, ademais, solicitará que, unha vez realizada a actuación, chegue a un acordo co Concello para que o executivo local fágase responsable das tarefas de mantemento e conservación do viario.

“Estamos convencidos de que esta é a mellor solución ao problema. Puertos de Estado é a administración titular da estrada e, por tanto, pode actuar, mentres que o Concello, posteriormente, pode ofrecer ese servizo aos veciños”, subliñou a popular.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page