O PP inicia unha rolda de contactos cos veciños para informar da súa laboura na presente lexislatura
- Partido Popular de Muxía
- 24 oct 2018
- 1 Min. de lectura
O Grupo Municipal do PP no Concello de Muxía iniciará a próxima semana unha rolda de contactos, “porta a porta”, cos veciños de todas as parroquias da localidade. A finalidade de dita iniciativa é a decoñecer as súas reivindicacións e canalizalas ao Consistorio, para tratar de buscarlles solución.
O lugar de Suxo, pertencente á parroquia de San Martiño de Ozón, será a primeira localidade que os populares visitarán dentro do que Sandra Vilela, portavoz popular en Muxía, cualificou de “iniciativa destinada a dar a palabra aos verdadeiros protagonistas: os veciños de Muxía”. Veciños aos que Vilela, díptico en man, informará pormenorizadamente da laboura de oposición construtiva realizada polo PP ao longo da presente lexislatura. Deste xeito, o PP de Muxía pretende aglutinar un dobre obxectivo: informar os veciños e, á vez, solicitar deles toda as súas propostas e demandas para conformar un programa electoral que responda “ás verdadeiras necesidades de todos os veciños de Muxía”.
Comments