top of page

O PP pide a redución do IBI tras os ingresos extraordinarios dos parques eólicos

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 7 ene 2018
  • 2 Min. de lectura

A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, presentou unha moción na que o seu grupo demanda ao goberno local que leve a cabo a modificación da ordenanza reguladora que permita a rebaixa do IBI para bens e inmobles rústicos e urbanos, deixando igual os bens e inmobles de características especiais (BICES).


Os populares defenderon a súa postura argumentando que, ao longo do 2017, o Concello de Muxía recibiu “importantes ingresos extraordinarios”procedentes da instauración dos parques eólicos no municipio que, na súa opinión, serviron para sanear as contas municipais.


“O Concello de Muxía obtivo no capítulo de ingresos tributarios e urbanísticos, tal e como reflexa a súa conta xeral de 2016, un total de 1.242.047,72 euros, dos cales só 38.099 euros corresponden á recadación neta do ICIO”, explicou Vilela, quen engadiu que, “se temos en conta as previsións feitas ó longo do 2017, tanto nos presupostos municipais iniciais como nas modificacións de crédito levadas a cabo, obtemos unha recadación superior a 1.300.000 euros só procedentes deste imposto”.


Vilela engadiu que a todos estes ingreso hai que sumar os 468.000 euros procedentes dos convenios dos eólicos, e o 1.100.000 euros da taxas pola licencia urbanística dos mesmos.


“Todo isto fai que, mentres os ingresos en 2016 foron de 2.906.201,31 euros, as previsións de ingresos iniciais establecidas nos presupostos de 2017 ascenderon a máis de 4 millóns sen ter en conta as modificacións e suplementos de crédito posteriores”, explicou a portavoz.

Ademais, dende o grupo popular apuntaron que aos ingresos procedentes das licenzas e o ICIO hai que engadir que o feito de que a instauración destes parques eólicos suporá uns ingresos anuais importantes a través do IBI que, anualmente, terán que afrontar as diferentes empresas, toda vez que os populares piden manter o gravame para os BICES.



“Entendemos que, con todas estas novas circunstancias, o noso concello está en disposición de baixar os impostos ós seus veciños e veciñas sen que iso teña influencia na capacidade inversora e de prestación de servicios aos veciños”, subliñou a popular, que recalcou que a xente de Muxía ten que ser a “gran beneficiaria” da instalación dos parques a través, entre outras cousas, da baixa de impostos.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page