top of page

O PP pide un pleno extraordinario para defender ó sector mar-industria alimentaria da comarca

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 3 ene 2020
  • 2 Min. de lectura

Sandra Vilela considera o tema unha prioridade para a axenda política da comarca xa que “a lei do PSOE non só pon en risco as piscifactorías ou conserveiras implantadas na actualidade senón que nos cerran as portas de cara ás implantacións futuras”
“Vímonos obligados a pedir un pleno extraordinario para plantexar este tema xa que, a pesar de que presentamos a moción no mes de outubro, o alcalde non a quixo incluír no pleno ordinario”

O grupo municipal do Partido Popular solicitou esta mañá un pleno extraordinario para que sexa debatida a moción que presentaron no mes de outubro en contra do proxecto de reforma da lei de costas.

“Vímonos obligados a pedir un pleno extraordinario para plantexar este tema xa que, a pesar de que presentamos a moción no mes de outubro, o alcalde non a quixo incluír no pleno ordinario” afirmaba a portavoz do grupo municipal Sandra Vilela quen se mostrou sorprendida por esta cuestión xa que sí se levaron a pleno outra mocións que foron presentadas polo seu grupo con posterioridade.

“Cando preguntamos porqué non se incluíra en pleno a contestación foi que o alcalde consideraba que se estaba xestionando, segundo él, por outros cauces. Parécenos incrible que se nos negue un dereito que temos como é a de presentar ó pleno os temas que consideremos.”


A verdadeira causa, creen os populares, é que “ o alcalde sabe da dureza que suporía esta lei para a nosa comarca. Deixaríanos sen ningunha oportunidade de medrar no sector acuícola e conserveiro pero prefire non plantexar o tema para non afrontarse ó seu partido. Prioriza quedar ben co PSOE antes que debatir un tema que pode afectar de forma moi directa. De feito, cónstame que xa se están recollendo firmas pola preocupación que causa sobre a continuidade da piscifactoría de Lires.”


Sandra Vilela considera o tema unha prioridade para a axenda política da comarca xa que “a lei do PSOE non só pon en risco as piscifactorías ou conserveiras implantadas na actualidade senón que nos cerran as portas de cara ás implantacións futuras”


A moción presentada polos populares expón a realidade de que se se aprobase este proxecto de lei suporía un recorte drástico da figura da prórroga extraordinaria das concesións de ocupación de dominio público terrestre que pon, por tanto, en perigo a continuidade das actividades xa mencionadas e tamén limita as novas concesións para este tipo de actividades que son, segundo indican os populares, xunto co marisqueo e o mar base fundamental para el desenrolo social e económico desta comunidade, cuestión que pon en entretido o regulamento absurdo que demostra o claro descoñecemento da realidade social da nosa comarca.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page