top of page

O PP reclama medidas que garantan a conciliación das familias con nenos con necesidades especiais

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 15 sept 2020
  • 2 Min. de lectura
Presentarán unha moción no próximo pleno local de Muxía onde hai rexistrados 10 nenos con estas características
Piden a creación dunha rede de transporte comarcal que permita aos máis pequenos acudir ao colexio a Santiago de Compostela, e a construción de parques infantís adaptados ás necesidades deste colectivo

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través do seu portavoz, Sandra Vilela, levará ao próximo pleno unha moción na que os populares reclaman ao goberno local a posta en marcha de medidas que permitan unha mellor conciliación de todas aquelas familias con pícaros con necesidades especiais.


Dende o Partido Popular explican que, espois de manter varias charlas cas nais e de coñecer de primeira man os problemas de dito colectivo, e necesario dar visibilidade e poñer en coñecemento do goberno municipal os problemas ós que se enfrontan día a día ditas familias.


“No noso concello estamos falando duns 10 nenos con necesidades especiais diagnosticados, se ben é certo que estes datos son orientativos, xa que non existe unha base de rexistro onde aparezan os datos de forma oficial e poden existir casos que estén en valoración, non diagnosticados ou que non pediron a dependencia”, indicou Vilela.


Este colectivo, recordou a popular, necesita unha educación que garantice a súa plena inclusión na sociedade e, por elo, unha das opcións que as familias barallan

cando se teñen nenos con necesidades e capacidades especiais, é a educación combinada. Esta educación consiste, dixo Vilela, en que os nenos asistan a dous centros educativos, un centro ordinario, no que se desenvolven nun entorno no que os demais nenos non teñen necesidades especiais fomentando a inclusión no entorno, e outro centro específico no que se desenvolve unha tarefa moito mais concreta e centrada nas necesidades de cada neno.


“Un dos problemas co que se encontran os país e nais da nosa comarca que optan pola educación combinada é que non teñen como desplazarse ao centro de educación específica mais cercano está en Santiago de Compostela”, apuntou a popular, quen reclamou a posta en marcha dunha iniciativa como a que existe nos concellos de Muros, Noia e Serra de Outes onde fixeron un convenio que garantiza a asistencia de nenos con TEA a dito centro especializado en Santiago de Compostela asumindo os gastos dun transporte que leva e trae diariamente os nenos.


Parques infantís

Por outra banda, outro dos problemas cos que se atopan as familias é o ocio destes nenos, e esta é unha das razóns principais xunto co transporte, da creación dunha asociación na nosa comarca de país e nais de nenos con necesidades especiais que xa é unha realidade a día de hoxe.

Ademáis, o texto presentado polos populares refírese tamén ó xogo nos parques infantís dos nenos e nenas con diversidad funcional. “Non existen recintos inclusivos, que son totalmente necesarios para o esparcemento e a integración social”, denunciou Vilela, quen recordou que os nenos e nenas aprenden xogando, de ahí, dixo, a importancia de adaptar o parques con zoas e infraestructuras para o xogo de estes nenos.

Por último, dende o PP de Muxía reclaman tamén na súa moción a creación de campamentos de verán específicos, a inclusión de coidadores especializados e a creación de actividades escolares nas que poidan participar sen problemas.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page