O PP tacha de “electoralistas” os orzamentos e critica que non recollan investimentos para Muxía
- Partido Popular de Muxía
- 1 abr 2017
- 2 Min. de lectura

• Sandra Vilela criticou tamén que o afán por fomentar o clientelismo do alcalde Félix Porto esténdese na repartición das axudas económicas a asociacións e clubs deportivos.
• "O goberno local aproba unhas contas que non reflicten nin un só euro de investimento para Muxía, cando todos sabemos que hai moitas cousas que se poderían facer", dixo a portavoz.
A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, xustificou o voto en contra da súa formación aos orzamentos locais asegurando que se trata dunhas contas "electoralistas" que non recollen nin un só euro de investimento para o municipio nun ano "histórico" pola aportación dos cartos dos eólicos.
Para Vilela, o documento aprobado polo goberno local fomenta o "clientelismo político" a través dunha política laboral que, na súa opinión, derivará na contratación, a tempo parcial e con contratos precarios, de ata 47 persoas ás que, na súa opinión, o rexedor pretende "ter atadas con favores que reclamará máis adiante".
Sobre este asunto, a popular ve "incomprensible e intolerable" que dentro desta política laboral non se tivese en conta a contratación dunha persoa para a oficina de turismo, un feito que, segundo Vilela, reflicte que o rexedor, Félix Porto, "vive de costas" a un dos sectores económicos máis importantes para Muxía.
Así mesmo, a portavoz do Partido Popular criticou tamén que o afán por fomentar o clientelismo de Félix Porto esténdese á repartición das axudas económicas a asociacións e clubs deportivos que se recollen nos orzamentos municipais.
"Parécenos moi ben e non temos nada en contra de que se apoie ao equipo de fútbol ou á Asociación Xuvenil Comarea con máis de 45.000 euros", dixo Vilela, quen, con todo, mostrouse doída porque o resto de asociacións, entre elas, o Club de Xubilados e de Xadrez, teñan que repartirse menos de 20.000 euros.
Un millón en pistas forestales
Ademais, a portavoz dos populares acusou de "malgastar" un millón de euros no mantemento de pistas porque "se tivera realizado as tarefas de mantemento nestas zonas, tal e como lle correspondía ao concello, agora poderiamos destinar este diñeiro a outros asuntos moito máis importantes para Muxía", subliñou Vilela.
Vilela destacou tamén que producto do "desgoberno" que padece o municipio, os veciños virón como Félix Porto anulou dos proxectos, previstos e anunciado nos medios de comunicación por parte do alcalde para este ano, como a mellora da contorna do Faro Touriñán, do Santuario da Barca, ou de Moraime.
"O goberno local aproba unhas contas que non reflicten nin un só euro de investimento para Muxía, cando todos sabemos que hai moitas cousas que se poderían facer", dixo a portavoz, quen puxo como exemplo o mal estado no que se atopa o Porto de Muxía, cuxo convenio establece que é o concello o que ten que encargarse do seu mantemento.
Comments