top of page

O PP tilda os orzamentos de “pouco ambiciosos” e critica que non se adapten ás necesidades locais

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 17 jun 2020
  • 2 Min. de lectura
Os populares votan en contra dunhas contas que non inclúen medidas específicas para facer fronte á crise do Covid-19
“Fixemos propostas de axuda a Pemes e autónomos que foron rexeitadas polo goberno, e agora atopámonos con que o executivo local non ten unha alternativa a ditas propostas e que os orzamentos non recollen nin unha soa medida centrada en facer fronte á crise do Covid-19”, afirmou Vilela
Os populares botan en falta actuacións para mellorar o suministro de auga, as pistas de monte, a concentración parcelaria, e un plan para dinamizar o sector turístico



O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, tachou hoxe de “pouco ambiciosos” os orzamentos municipais aprobados polo executivo local e criticou que as contas non se adapten ás necesidades locais.

Os populares, que votaron en contra do documento, destacan unha vez máis o retraso producido nas xestións levadas a cabo polo goberno local que tardou u ano en ser quen de elaborar os orzamentos.

Máis alá da tardanza en sacar adiante as contas, Vilela cargou contra un documento que non recolle medidas específicas para facer fronte ó Covid-19, tanto no eido produtivo como no social. “Dende o PP se fixeron distintas propostas de axuda a Pemes e autónomos que foron rexeitadas polo goberno, e agora atopámonos con que o executivo local non ten unha alternativa a ditas propostas e que os orzamentos non recollen nin unha soa medida centrada en facer fronte á crise do covid-19”, afirmou Vilela.


Neste sentido, dende o Partido Popular de Muxía botan en falta un plan específico de dinamización e promoción turística, sector, dixo Vilela, fundamental para a economía local durante os meses de verán.

Ademáis, a popular recordou que as contas municipais deixan fora unha vez máis inversións estratéxicas como a mellora no suministro de auga do núcleo de Muxía, de Suxo, de Castelo ou a mellora na estrada de Leis a Lago. “Son actuacións demandadas desde hai moito tempo, ás que hai que sumar o estado xeral de abandono no que se atopa o municipio, especialmente, as pistas de monte e a concentración parcelaria, o que supón un grave problema para o sector agrícola e gandeiro”, apuntou.

Por último, Vilela referiuse tamén ao remanente municipal, do que, asegurou, o goberno local xa gastou un do tres millóns dos que dispón sen que, dixo a popular, os veciños de Muxía visen satisfeitas as súas necesidades.

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page