top of page

O PP urxe ao Concello a garantir a reparación das estradas danadas tras a instalación dos eólicos

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 13 sept 2018
  • 2 Min. de lectura

“Entendemos que as estradas deben repararse en condicións, deixándoas como estaban antes da construción dos parques eólicos, e que debe ser o Concello de Muxía o que defenda os intereses dos veciños e non os da empresa”, apuntou a popular.
Denuncian o malestar dos veciños de Bardullas pola reparación efectuada na estrada Villarmide-Viseo, e que atravesa o núcleo de poboación.

A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, urxe ao Concello a que garanta unha “correcta” reparación das estradas danadas tras a instalación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II no municipio.


En concreto, os populares denunciaron que, como consecuencia do transporte pesado utilizado para estas construcións, estradas como a de Serantes a Viseo quedaron “totalmente desfeitas”.

Neste sentido, Vilela explicou que, antes de comezar as obras, a empresa responsable da actuación depositou unha fianza coa que facerse cargo da reparación dos firmes que se viran deteriorados.


Con todo, e segundo puideron constatar os populares, os traballos de reparación efectuados no firme da estrada Serantes-Viseo só serviron para encher as fochancas con grava e pouco de alcatrán, unha circunstancia, que segundo Vilela, ademais de perigosa, non é o esperado e demandado polos veciños.


“Entendemos que as estradas deben repararse en condicións, deixándoas como estaban antes da construción dos parques eólicos, e que debe ser o Concello de Muxía o que defenda os intereses dos veciños e non os da empresa”, apuntou a popular Malestar dos veciños de Bardullas



Ademais deste caso, os populares subliñaron que o pasado martes mantiveron unha reunión na parroquia de Bardullas, onde os veciños mostraron tamén o seu malestar pola reparación efectuada na estrada de Villarmide-Viseo, e que atravesa o núcleo de poboación.


“Trasladáronnos que, tras a reparación, a estrada é máis estreita e o firme é moito máis fino, e advertiron de que, cando chegue o inverno, vaise desfacer completamente, xa que se limitaron a botar grava”, dixo Vilela, quen lembrou que, sobre este tema, a súa formación xa presentou un escrito o pasado 6 de setembro no que informaba ao goberno local desta situación.

 
 
 

Komentāri


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page