top of page

O PP urxe ao Concello a unirse ó programa de Vixilancia e Control da Vespa Velutina

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 23 ago 2017
  • 1 Min. de lectura



O grupo municipal do Partido Popular de Muxía, encabezado pola súa portavoz, Sandra Vilela, presentou esta mañá no rexistro municipal unha moción na que urxe ao executivo local a unirse como Concello colaborador ao programa de Vixilancia e Control da Vespa Velutina posto en marcha pola Consellería de Medio Medio Rural da Xunta de Galicia.

Os populares decidiron levar a cabo esta iniciativa tras comprobar que Muxía ten unha “importante presenza” de vespa velutina que, segundo datos da propia Consellería de Medio Rural, sitúan o número de nidos desta especie detectados no municipio entre 26 e 100.

“O feito de non estar integrado neste programa dificulta a eliminación desta praga e, o que é peor, está a impedir que os veciños poidan beneficiarse dun servizo gratuíto que pon ao dispor de todos os concellos a Xunta de Galicia”, afirmou Vilela.

Neste sentido, a portavoz dos populares lembra que, na actualidade, son xa 42 os concellos da provincia da Coruña os que decidiron formar parte deste programa como municipios colaboradores e só 25 os que seguen dependendo da Consellería de Medio Rural.

“Está demostrado que a xestión directa por parte de cada concello axiliza a eliminación destes nidos e evita esperas innecesarias para os veciños”, explicou Vilela, quen asegurou que, na súa opinión, non existe “ningún motivo de peso” que xustifique que o executivo local non aprobe a moción que o grupo popular levará ao próximo pleno municipal.

 
 
 

Comentários


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page