O PP urxe ó Concello de Muxía a buscar unha solución para a parada de bus dos nenos de Muxía
- Partido Popular de Muxía
- 29 nov 2019
- 1 Min. de lectura
Sandra Vilela presentou un escrito no rexistro municipal para facer coñecedor ó goberno local do malestar que existe por parte dos pais respecto da parada do autobús escolar
“Chegáronnos queixas de pais e é lóxico, os nenos pasan todo o inverno debaixo da choiva mentres espera o autobús. "É de sentido común"
O grupo municipal do Partido Popular
no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, presentou
un escrito no rexistro municipal para facer coñecedor ó goberno local do
malestar que existe por parte dos pais respecto da parada de autobús
escolar.
A realidade é que os nenos do pobo de Muxía non teñen nin onde
resgardarse da choiva durante todo o inverno xa que non existe
marquesiña na zona onde se ubica a parada de bus “o cal nos parece algo
lamentable” comentaba a portavoz municipal Sandra Vilela quen engadía
que “é de sentido común”.
No escrito que os populares presentaron no rexistro municipal esta mañá
urxen ó goberno local a porlle unha solución inmediata a esta cuestión para
que os rapaces non teñan que pasar nin un só día máis nesta situación

Comments