top of page

OPP remite un escrito á Autoridade Portuaria e promove unha recollida de firmas polo vial a Touriñán

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 4 feb 2020
  • 2 Min. de lectura
No escrito remitido pola portavoz municipal, Sandra Vilela, á autoridade portuaria ponse de manifesto que a situación desta estrada é insostible por máis tempo.

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, enviou hoxe un escrito á Autoridade Portuaria da Coruña en relación á estada de Faro Touriñán.


Dende o grupo popular toman esta decisión despois de que siga sen coñecerse a data de inicio das obras case 3 anos despois de que esta fose anunciada e comprometida polo ente dependente do Ministerio de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana. Antes do verán do ano pasado o organismo anunciaba un novo retraso na data que se fixera pública con anterioridade como de inicio das obras e “falábase de que se iniciarían neste inverno. Aínda que todos tiñamos moitas reticencias e así foi” indica a portavoz popular. “Cando se produxeron estes retrasos reunímonos cos veciños en Frixe e estábamos á espera de que o novo goberno se formase coa esperanza de que ó pasar esto houbese noticias mais non foi así”.


No escrito remitido pola portavoz municipal, Sandra Vilela, á autoridade portuaria ponse de manifesto que a situación desta estrada é insostible por máis tempo visto xa dende o punto de vista da seguridade vial e pregan ó ente a que os informe de como está a situación actual deste procedemento.





Os populares recordaron que esta estrada é utilizada a diario polos veciños das parroquias de Nemiña, Frixe, Touriñán ou Morquintián principalmente ademáis de ser a principal vía para chegar a lugares tan emblemáticos de Muxía como Faro Touriñán ou a Praia de Nemiña.


Ademáis deste escrito dende os populares promoverán unha recollida de firmas que serán remitidas directamente ó ministro D. José Luis Ábalos.


Sandra Vilela tamén lamentou que “o alcalde non mova un dedo cando en campaña electoral chegou a decirlles ós veciños de Frixe nun mitin que a obra xa estaba licitada cando sabía, como é lóxico, que era mentira. Unha vez máis quere tapar as vergoñas do seu partido e antepono a defender ós veciños de Muxía

 
 
 

Comments


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page