Pegada de cartéis
- Partido Popular de Muxía
- 10 may 2019
- 1 Min. de lectura

Ás 0:00h desta pasada noite de xoves, arrincaba a campaña electoral para as Eleccións Municipais e Europeas do 26 de maio de 2019. Facíao coa tradicional pegada de carteis, que esta mañá invade todas as redes sociais, nun evento moi simbólico e importante en cada grupo político. Cómpre lembrar que son 951 as persoas que van nas 71 listas dos 18 concellos da comarca, polo que poderá haberá arredor de 2.000 persoas directamente implicadas como membros de partido nestes comicios. Nos nos faltamos, como é lóxico, a esta importante cita porque Muxía necesita un cambio, porque merece futuro, para que os nosos maiores teñan servizos e os xóvenes oportunidades. En definitiva, porque Muxía é o noso compromiso. ¡Por unha nova política!
Comments