Primeiras discrepancias polas Dedicacións Exclusivas aprobadas polo PSOE de Muxía
- Partido Popular de Muxía
- 20 jun 2019
- 2 Min. de lectura
Sandra Vilela, quen ven de mellorar nun 9,7% os votos do PP de Muxía nas últimas eleccións municipais, será a Portavoz Municipal do Grupo Municipal Popular que se constituío esta mañá no Pleno Municipal.“Como dixen en campaña electoral eu von a estar aquí para todos os vecinos de Muxía e quedo dende xa a disposición de todos eles para calqueira cousa que poidan necesitar” comentaba Sandra Vilela á saída do pleno.

O Grupo Municipal queda conformado ademáis por Sofía López quen dixo que “non hai 5 minutos que perder, Muxía ten moitas necesidades e carencias e dende o PP xa estamos traballando para intentar dende a nosa posición porlle solución. Faremos unha oposición responsable pero firme”.

O terceiro concelleiro é Javier Lema quen opinou que “dende a oposición tamén se pode traballar arreo polo teu concello e iso é o que imos a facer no PP e no grupo do que formo parte”
No pleno municipal aprobouse tamén a periodicidade dos plenos municipais que serán os últimos venres de marzo, xuño, agosto e decembro ás 20.30h cuestión ante a que a nosa portavoz municipal pregou ó alcalde que “sexa riguroso cos plenos, é o único lugar onde podemos exercer a voz como oposición e esperamos que esto se respete”
Pero as primeiras discrepancias xurdiron cando houbo que debatir sobre as 2 Dedicacións Exclusivas propostas polo alcalde, Iago Toba, para Dna.Irma García e Dna. Mónica Vilela. Ámbalas dúas pasarán a cobrar 1600€/brutos mensuais repartidos en 14 pagas anuais.“De momento o que temos é o goberno máis caro da historia de Muxía” criticaba a nosa portavoz municipal.
O alcalde xustificaba estas dedicacións con que a situación económica do concello é boa, resposta ante a cal a nosa portavoz opinou que “os cartos do concello, se os hai, hai que utilizalos para resolver os problemas dos veciños non para pagarse soldos políticos,eso non é unha xustificación para esto”
Ademáis a portavoz municipal recordou que “xa votamos en contra do soldo de Irma fai 4 anos e mantemos o mesmo argumento, chegannos queixas acerca da atención recibida. Se o queren tomar como un ataque persoal fágano pero o que estamos é a facer unha crítica constructiva”
Ante esto o alcalde quixo defender a súa decisión cos seus resultados electorais máis Sandra Vilela recordoulles que perderon case 600 votos e un 12% de apoio electoral.“O PSOE foi o único partido que perdeu apoionas últimas eleccións municipais pero non o queren ver” comentaba a nosa portavoz ó final do pleno. “A actitude do novo alcalde di moito do que vai a ser esta lexislatura en canto a diálogo xa que non me permitiu facer unha última intervención. Non quere escoitar o que temos que decir e chegou a decirme textualmente que estón alí “sen pena nin gloria” e gustaríame recordarlle que o PP de Muxía representa a 971 veciños e veciñas ós cales debería de terlle un pouco máis de respecto”, sentenciaba a nosa portavoz á saída do pleno
Comentários