top of page

Sandra Vilela lamenta que as traballadoras do SAF de Muxía volvan a estar sen cobrar

  • Foto del escritor: Partido Popular de Muxía
    Partido Popular de Muxía
  • 14 ene 2024
  • 2 Min. de lectura
  • Toda esta lamentable xestión do Sr. Toba fai que as grandes prexudicadas sexan as traballadoras do servizo que no día de hoxe aínda non cobraran a nóminas

  • Dende o grupo popular recordan que levan dende o ano 2020 pedindo de todos os xeitos posibles que se proceda á licitación do servizo

  • “O goberno local anunciou a bombo a platillo fai meses que licitaría ao SAF despois de que dende o grupo popular leváramos anos pedindoo, mais todo se queda en propaganda nos medios de comunicación” lamenta Vilela.

  • Para o seu grupo o ideal sería que o SAF se xestionase de xeito directo dende o concello e que fose a propia administración quen contratase as empregadas

Muxía, 12 de xaneiro de 2024. A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, lamenta que as traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF) de Muxía volvan a estar sen cobrar debido á falla de xestión do goberno municipal

Segundo explica a portavoz a situación irregular na que se atopa o servizo do SAF fai que constantemente existan reparos de intervención ao respecto das facturas que emite a empresa que desenrola o servizo o que fai que “se retrasen os pagos das facturas deste servizo que terán que volver a pleno”.

“O alcalde firmou recentemente a prórroga deste contrato no que se compromete a pagar nun prazo máximo de 7 días as facturas á empresa. Previamente había outro acordo no que se aceptaba que a empresa non tivera que adiantar as nóminas se o concello non paga. Toda esta lamentable xestión do Sr. Toba fai que as grandes prexudicadas sexan as traballadoras do servizo que no día de hoxe aínda non cobraran a nóminas xa que empresa ampárase neses acordos firmados polo Sr. Toba”

Dende o grupo popular recordan que levan dende o ano 2020 pedindo de todos os xeitos posibles que se proceda á licitación do servizo que se atopa nunha situación irregular, sen embargo, “pasan os días e os meses e a licitación non aparece” explica a portavoz que engade que “ao noso grupo lévaselle dicindo dende 2021 que se está a preparar a licitación mais non chega e non entendemos o porqué”.

“O goberno local anunciou a bombo a platillo fai meses que licitaría ao SAF despois de que dende o grupo popular leváramos anos pedindoo, mais todo se queda en propaganda nos medios de comunicación” lamenta Vilela.

XESTIÓN DIRECTA

Dende os populares explican que para o seu grupo o ideal sería que o SAF se xestionase de xeito directo dende o concello e que fose a propia administración quen contratase as empregadas.

“Esto, cremos, melloraría o servizo xa que reduciría costes ao suprimir os beneficios empresariais e poderían dárselles mellores condicións ás empregadas, o cal, estamos seguros, repercutiría na calidade do servizo aínda que a verdade é que as actuais traballadoras son unhas grandes profesionais que están totalmente implicadas co traballo que fan e co coidado que danlle aos nosos maiores” expón Vilela que remata “

para nós esta sería a situación ideal mais dado que o goberno xa manifestou non estar aberto a esta opción pedimos que, polo menos, procedan á licitación sen máis demora xa que as grandes prexudicadas de pésima xestión do Sr. Toba son as traballadoras”


 
 
 

Opmerkingen


© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page